Saca “Ridimoas”
17.00 € IVE incluido
Xuntámonos coa Asociación Ridimoas para facer estas sacas, coa finalidade de recadar cartos para axudar cos danos sufridos na catástrofe do incendio de gran parte do bosque no verán de 2025. Creamos de xeito conxunto esta liña de produtos, con deseños baseados en debuxos orixinais de Pablo “Oitabén”.
Coa compra de cada saca, fas unha doazón de 10€ (xa incluida no prezo) á asociación Ridimoas, para que poidamos seguir ampliando, coidando e mantendo un gran bosque autóctono no Ribeiro.
As sacas están fabricadas de xeito responsable en Portugal. A estampación está realizada nun pequeno taller de serigrafía artesanal do Ribeiro.
Tentamos facer todo na maior cercanía posible, para disminuir o impacto medioambiental.
Con fuelle na base. 100% algodón. 300 gr. Medidas: 36x41x10 cm.
Hai existencias









