Información adicional
Talles | XS, S, M, L, XL |
---|
25.00 € IVE incluido
Esta é unha homenaxe a Ramona, a protagonista do filme “Matria”, cando lles comunican na empresa que teñen que reducir persoal, e ela deféndese e tamén ás súas compañeiras, e o xefe dílle: “Ramona, tranquiliña…” e ela contesta: “Tranquiliña ostias!”
Nése intre, todas quixemos ser Ramona, porque todas fomos Ramona algunha vez. Todas escoitamos ese retintín dun “Tranquiliña…” , verdade?
A camiseta que non quererás quitar en todo o verán!!
Camiseta de corte unisex “Tranquiliña ostias!” en cor amarelo, con efecto lavado. 180 gr.
100% algodón orgánico IC2 (en conversión*).
Fabricado en Portugal.
*O algodón “en conversión” cultívase conforme aos estándares da agricultura orgánica durante o seu periodo de conversión e está certificado como orgánico en conversión.
O seu uso permite axudar ás persoas agricultoras durante o paso de unha agricultura convencional a unha agricultura orgánica certificada.
Talles | XS, S, M, L, XL |
---|