Camiseta ampla “Tranquiliña hostias!” / rosa

22.00  IVE incluido

Esta é unha homenaxe a Ramona, a protagonista do filme “Matria”, cando lles comunican na empresa que teñen que reducir persoal, e ela deféndese e tamén ás súas compañeiras, e o xefe dílle: “Ramona, tranquiliña…” e ela contesta: “Tranquiliña hostias!”

Nése intre, todas quixemos ser Ramona, porque todas fomos Ramona algunha vez. Todas escoitamos ese retintín dun “Tranquiliña…” , verdade?

A camiseta que non quererás quitar en todo o verán!!

Camiseta moi ampla de corte unisex “Tranquiliña ostias!” en cor rosa. 180 gr.

Recomendo coller unha talla menos da usada habitualmente.

Medidas de ancho: Talla XS: 52 cm – Talla M: 56 cm – Talla XL: 60 cm

 

 

Comparar
SKU: N/D Categorías: ,

Información adicional

Talles

XS, S, M, L, XL