Información adicional
| Talles | XS, S, M, L, XL, XXL |
|---|
44.00 € IVE incluido
POUCO QUEIMAMOS é o novo deseño feito en colaboración coa ilustradora Nieves González @nieve_sita, que soubo captar a mensaxe da raiba que sentimos ao ver as inxustizas, as violencias de xénero, os desafiuzamentos, a crise climática, o xenocidio en Gaza, os pederastas… todo o que nos fai arder por dentro e que nos dan ganas de sair ás rúas a queimalo todo.
Suadoiro de moza, con felpa por dentro. De corte amplo, con ombreiros caídos. En cor negro lavado e serigrafiado manual a dúas tintas.
Detalle de costuras desgastadas para un efecto lavado e vintage. Tinxido en prenda: cada peza é única, pode haber unha lixeira variación de cor. Lavar do revés, non planchar o estampado.

| Talles | XS, S, M, L, XL, XXL |
|---|