Saca de algodón “Tranquiliña hostias!” / negra / orgánica

17.00  IVE incluido

Esta é unha homenaxe a Ramona, a protagonista do filme “Matria”, cando lles comunican na empresa que teñen que reducir persoal, e ela deféndese e tamén ás súas compañeiras, e o xefe dílle: “Ramona, tranquiliña…” e ela contesta: “Tranquiliña hostias!”

Nése intre, todas quixemos ser Ramona, porque todas fomos Ramona algunha vez. Todas escoitamos ese retintín dun “Tranquiliña…” , verdade?

Saca de tea confeccionada en Cataluña, con 100% algodón orgánico. Mercando esta saca, adquires un produto de proximidade, sostible e de comercio xusto.

Estampada a doble cara. Deseñada e serigrafiada en Galicia.

Medidas: 38 cm x 41 cm.

Hai existencias

Comparar
Categoría: